InicioEconomíaJosé Tomé acusa ao PP de utilizar Alcoa "de forma electoral" e...

José Tomé acusa ao PP de utilizar Alcoa “de forma electoral” e para “facer a foto”

"Estou convencido que Alcoa vai continuar na Mariña, facendo aluminio e a Xunta algún día haberá que ver cal foi o seu papel nesta crise, que desde logo non foi para axudar", asegura.

Publicada o

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusou á Xunta de Galicia de “estar sempre de perfil” respecto da situación de Alcoa na Mariña luguesa e de utilizar este conflito de “forma electoral”. En declaracións aos medios a xunta de goberno, Tomé afeou ao Goberno galego o “non” achegar “nada á solución do tema de Alcoa” nin tampouco “recursos económicos”. Con todo, confía que este problema se acabe resolvendo “pero polo traballo do goberno de España ,que non lle permitiu á empresa saírse coas súas pretensións e que necesariamente acabará accedendo ou ben a vender á empresa compradora ou que a SEPI faga de ponte con ese ou outro comprador”. “A Xunta de Galicia só utilizou a Alcoa para facerse a foto, dicir os titulares que lle conviñan electoralmente pero nunca puxo sobre a mesa nin unha achega que servise para a solución do problema e moito menos recursos económicos cousas que si fai o goberno vasco cando hai crise nas empresas de Euskadi”, obxectou o presidente provincial. “Un goberno autonómico, que ten diñeiro no IGAPE sen gastar ano tras ano, que non é capaz de colocalo en axudalo ás empresas, que non achegue nada, nin poña nada encima da mesa en relación a Alcoa. Iso indica que a provincia de Lugo interésalle pouco e a Mariña de Lugo interésalle pouco”, aseverou. “Estou convencido que Alcoa vai continuar na Mariña, facendo aluminio e a Xunta algún día haberá que ver cal foi o seu papel nesta crise, que desde logo non foi para axudar”, concluíu o presidente da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...